AVISO: ATENCIÓN AO PÚBLICO CANCELADA ATA NOVO AVISO, POR MOTIVO DA ALERTA SANITARIA.


A nosa tenda " Acroque COMIDA" está aberta todos os días da semana, en horario continuado de 10 a 16 horas. Nela ofrecémosvos unha selección de pratos caseiros, baseados na Cociña tradicional, cunha oferta que abarca entrantes, primeiros, segundos pratos e sobremesas.
Todo elaborado cada día, co bo produto de tempada que nos fornece Galicia. Os nosos pratos son "quilómetro cero", fomentando a compra a produtores locais, da nosa contorna.

Tamén somos "ultramarinos", e na nosa tenda podedes atopar produtos como conservas, embutidos, marmeladas, viños e licores, pan de Cea, bicas mantecadas.
Recomendámosvos os nosos produtos propios, especialmente elaborados polos nosos provedores: o leite natural, o aceite virxe extra, o vermú e os viños.